07 decembro 2024

Sargadelos: Xardín fantástico con estatua





 Este tema é unha copia da serie "Statue" de Samuel Alcock & Company.

En primeiro plano destaca a presenza dunha grande árbore situada á esquerda e no xardin, caracterizado pola presenza dunha estatua, hai un grupo formado por un home, unha muller cun parasol e un neno paseando. Toda a paisaxe se organiza en torno a un río que zigzaguea e nas súas marxes despréganse unha serie de edificicacións palacianas e ciprestes, cerrándose no horizonte un grupo de montañas que actúan como pano de fondo.