Amosando publicacións coa etiqueta Anderson. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anderson. Amosar todas as publicacións

02 setembro 2020

Anxo Angueira: "O Valo de Manselle"

 Por entre a néboa que asolaga a codesosa,
Ovidio o da Ministra vén.
Ferro do monte ao lombo, 
Fernando o da Couta vén.
Pola encosta da Ermida,
Alfredo o de Lina vén.
Pedindo lastre, Antonio o de Calo vén.
E vén seu sogro, Moncho o do Serodio vén.
E vén Valentín, Valentín o de Monisa vén.
E vén Marucha a da Olia e a Cardoña
e Otilia a de Neto e Berta a da Romera
-deixano ao lume a ola de caldo para sempre-,
as mulleres vén.

14 agosto 2020

Ruth Matilda Anderson: Teresa e Serafina da Casa do Cuco


Ruth Matilda tirou esta foto o 9 de novembro de 1924. No Ézaro, na Casa do Cuco, que era na altura taberna. Á esquerda, Teresa Castro Rodríguez, que tiña daquela 2 anos e 9 meses. Á dereita, a súa irmá Serafina, catro anos máis vella.
Serafina morreu en xullo de 2008 e Teresa o 20 de setembro de 2016. Enterrouse no Pindo, desde onde Ruth Matilda Anderson chegara co seu pai na barca. Xa daquela dicía a estadounidense que cumpría unha ponte: houbo que esperar algo máis de 30 anos.

12 abril 2019

Ruth Matilda Anderson: Mestra e nenas na escola pública de Areas, Pontevedra

En febreiro de 1924, a ditadura de Primo de Rivera ordena a suspensión inmediata dos mestres e mestras que usen o galego e a clausura das escolas públicas que puideran ensinalo. Carlos Callón