Amosando publicacións coa etiqueta Roma. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roma. Amosar todas as publicacións

23 agosto 2024

Espero que estéis bien

 El joven egipcio Apión (s. II d.C.), envía a su padre, Epimachos, esta carta al llegar a Italia con un retrato suyo de legionario romano.

Está en griego, la lengua de esa zona del Imperio.

28 maio 2023

La pioggia di petali di rosa al Pantheon per celebrare il giorno della Pentecoste

 Cada domingo de Pentecostés, arredor das doce da mañá, centos de curiosos se achegan ao Panteón de Agripa para contemplaren un dos espectáculos máis orixinais de Roma. 
Tal e como marca a tradición, e aproximadamente durante cinco minutos, sete millóns de pétalas de rosas vermellas choven desde o óculo central do Panteón, como símbolo do descenso do Espírito Santo.

Son o símbolo das lapas coas que o Santo Espírito se manifestou aos discípulos, e que agora o corpo de bombeiros de Roma, tras gabear os 43,44 metros de altura que ten o templo para acadar o lucernario de 9 metros de diámetro, arroxará as pétalas ao interior.

Ao parecer, esta tradición podería ter a orixe na Idade Media, concretamente ao ano 609 d.C., cando o Panteón foi doado polo imperador ao Papa Bonifacio IV. Após varios  séculos suspendida, a chuvia de rosas recuperouna o Concello de Roma en 1995, coa diferenza de que agora non ten lugar durante a cerimonia senón ao final dela.

27 decembro 2021

Santa Fabiola, padroeira dos divorciados

Hoxe disque é o día de Santa Fabiola, padroeira dos divorciados e pertencente a unha familia de patricios de Roma, unha das 35 con dereito a voto, coma a dos Emilios, os Claudios, Cornelios ou Valerios.
Casada moi nova, contan que por violencia e malos tratos pediría o divorcio e lle foi concedido.
No cadro Fabiola con velo vermello de Jean-Jacques Henner,
aparece a santa vestida cunha ‘stola’ de cor vermella, que era a túnica que a muller romana empezaba a vestir despois das nupcias; sen embargo, este cadro está desaparecido desde principios do século XX.
O dato curioso e sobre o que se leva escrito moito é por que esa imaxe gustou a cantidade de artista anónimos ou case anónimos para reproducila, despois de que o artista belga Francis Alÿs conseguira reunir en mercados de pulgas, anticuarios... de máis de vinte países, uns trescentos retratos feitos a man sobre esta figura de Fabiola. Intentos de crear arte e non unha mera copia ou reprodución da obra orixinal, segundo o propio Francis Alÿs.
En todos os casos o mesmo perfil, sempre cuberto con velo vermello en diferentes tonalidades, con algunha excepción en verde, e sobre fondo escuro.

02 agosto 2021

Piazza Navona

 Entre 1652 e 1866, e durante o mes de agosto pechábanse os desaguadoiros das fontes da Piazza Navona, nunhas refrescantes e orixinais naumachiae ideadas pola aristócrata Olimpia Pamphili.



14 xaneiro 2021

A de Ourense é a ponte con maior arco do imperio romano, cunha luz unha luz aproximada de 38 metros, a maior de todas as pontes romanas de pedra, igualando o da ponte de madeira de Traxano sobre o Danubio. A ponte é de orixe romana do século I, e foi remodelada durante os séculos; así por exemplo, durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos ata que no século XVII a reforma final deu á ponte o aspecto actual, indiscutiblemente medieval apesar de manter elementos romanos orixinais.