Amosando publicacións coa etiqueta Fole b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fole b>. Amosar todas as publicacións
21 abril 2026
11 setembro 2018
02 febreiro 2018
Ánxel Fole: Á lus do candil. Contos a carón do lume
Cando baixan á ribeira débelles parecer que entran no paraíso. Alí medran as laranxeiras, as amendoeiras, as citroeiras. É a leda terra do viño, das froitas doces, das cántigas rexoubantes... Pavías, figos de vendima, brevas, péxegos, nísperos. Xa na Candeloria amósase a primavera, e os días son quentes e as noites tépedas. Todo é dondo, risoño, amantiño. Cando a serra aínda está cuberta de neve, xa florecen as margaridas nos prados e os hortos acugúlanse de flores brancas e vermellas, que saúdan ás anduriñas abaneándose suavemente. Estas, os cucos e os oreoles, teñen máis présa de chegar aquí que a ningures. Reiseñores e malvises engadan as noites coas súas frautas milagreiras...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

