25 xullo 2024
19 xullo 2023
Marisa Roësset: Autorretrato estomballada
17 maio 2023
12 outubro 2022
Arca da Piosa (Sta. Sía de Roma. Zas)
28 febreiro 2022
Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos
Dous rapaces, non sei onde,
Ben non me podo acordar;
Do vento mouros, garridos,
De tenro corpo lanzal,
Cal dous follentes brabádigos,
Da terra de Breogan;
Nun sitio vougo, areoso,
Se puxeron a cantar:
Dicide, ventos da Croa
O qu' oístes sen tardar:
—Dunha lancha a branca vela,
Da negra altura ao tornar,
Parece, toda encurvada,
Da virazon xorogal,
Unha ala dunha gaivota,
Que máis alta qu' outra vai.
Que garrida é a branca vela,
Cando se ve bandear!...
18 febreiro 2022
Queixumes dos pinos: "Agora, meu corazón"
Agora pola noitiña,
Pola mañanciña, non.
Ninguén nos pode estorbar…
É ben separada e soa,
Esta gandra de Gundar.
28 outubro 2021
Eduardo Pondal: Meniña, rapaza nova
Ou rosa de Corcoesto;
Que te brandeas con gracia,
Aos doces sopros do vento:
S'é certo que por ti vivo
S’ é certo que por ti peno;
Se tan doce e dadivosa,
Como din que es, é certo;
Cúrame, ou rapariga,
Estas saudades que teño:
Estas saudades da alma,
De non sei que, que padezo;
Ti tes dos meus males a doce [menciña,
Ou rosa de Corcoesto.
26 setembro 2021
Queixumes dos pinos
—De Camelle os baixos son,
Moi garridos ao mirar;
Nun día claro d’ inverno,
Cando o vento en calma está:
O pescador desde longe,
Con doce e secreto afán,
De bruzos sobre da proa,
Os está vendo branquear.
26 maio 2021
Pasquale Stracuzzi
Prométesme, señor;
Tan lindo, que miralo
Será unha perdición;
Algo curto, ben feito,
De roxa, leda cor,
Con gorchetes de prata,
No estreito cinturón;
Que cando os aires viren
A folla ao catasoI,
Fará garridos pregues,
De min ao rededor.
20 febreiro 2021
Queixumes dos Pinos
Que barba non coidada!
Que pálida color!
Que vestido que longa
Noncuranza afeou!
Quizais é algún malvado,
Quizais é algún ladrón…
Miña madre, valédeme,
Valédeme, por Deus;
Quizais é algún minguado,
Qu’o juízo lle mancou;
Oh! que vista tan brava,
Chea d’espanto e dor!
Non sei se me dá medo,
Se me dá compaixón;
Parece un pino leixado do vento,
Parece botado do mar de Niñóns
20 xullo 2020
O Anllóns na Ponteceso
08 febreiro 2020
De Queixumes dos pinos
Como costuman,
Retornarán,
As amables e doces anduriñas;
E polo bardo,
Preguntarán.
Mais os curutos,
En onde os pinos
Queixarse soen,
Co vento soán,
Já sabedores
Dos seus destinos,
Cal quen teme dicir esquiva nova,
Nada dirán.







_-_n._0179.jpg)
_-_n._1013_-_da_-_Auch_ich_in_Arkadien,_p._159.jpg)
_-_n._0178.jpg)
_-_n._0223_-_Pescatori_-_Auch_ich_in_Arkadien,_p._60,_cm_19_x_16,9.jpg)
_-_n._1248_r_-_Depos%C3%A9_23_Aug_1903_-_From_the_G%C3%A9rard_L%C3%A9vy_collection.jpg)
_-_n._0768_-_Ritratto_di_uomo_barbuto.jpg)
_-_n._079a.jpg)