Amosando publicacións coa etiqueta Taormina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Taormina. Amosar todas as publicacións

29 decembro 2018

Pancrazio Buciunì e o Barón von Gloeden

Pancrazio Buciunì (1879-1963) foi modelo, amante e herdeiro de Wilhelm von Gloeden, o fotógrafo alemán que se estableceu en Sicilia a finais do século XIX e que rexistrou nas súas instantáneas Taormina e os seus fermosos mozos. 

Cando von Gloeden se instalou no alto dun outeiro con vistas ao mar Xónico contratou os servizos dun rapaz local, Pancrazio Buciunì, chamado despois Pancracio de Taormina. O mozo era extremadamente guapo, de pel escura e ollos grandes, sendo alcumado "Il Moro" pola súa tez escura. 

Il Moro converteuse primeiro nun dos modelos de Von Gloeden, despois en axudante, alumno e finalmente amante. Segundo algúns relatos, a parella estaba realmente namorada. Buciunì coidaba de Von Gloeden cando estaba enfermo, administráballe os medicamentos, obtiña comida especial da xente do pobo e preparáballe os baños de auga salgada que lle receitaban os médicos. Tamén se encargaba de que os mozos locais participasen nas festas de medianoite que von Gloeden organizaba para os seus convidados. Tras a Gran Guerra, Von Gloeden regresou a Taormina en 1919 e continuou fotografando ata 1930 con Pancrazio Buciunì ao seu carón. Após a morte do barón (1931), Buciunì foi designado herdeiro, deixando cando morreu en 1963 unhas 800 pezas da obra do barón e os seus descendentes, que aínda permanecen en Taormina, conservaron parte da súa colección.