28 febreiro 2014

Il Serpente, de Vincenzo Galdi

Case con toda seguridade a foto foi tirada en via Sardegna 55 (Roma), cara a 1905/07, xa que "il Serpente" foi o modelo orixinal do fotógrafo colaborador de Galdi, Guglielmo Plüschow, e aparece nas obras anteriores de Plüschow, probablemente cara a mediados da década de 1890, pero é un rapaz máis novo. Como esta fotografía é de Galdi e apareceu Il Serpente nas súas obras pornográficas, pódese datar cara a 1907, cando os estudios romanos de Galdi e Plüschow foron pechados polas autoridades.



12 febreiro 2014

Alfonso, fillo de Castelao

 Desde 1916, Castelao vive en Pontevedra con Vixinia Pereira,

despois de gañar unha praza no corpo técnico do Instituto Xeográfico e Estatístico, sendo tamén profesor auxiliar de debuxo no Instituto.

En 1928, con catorce anos, falece de neumonía o seu fillo Alfonso, no centro da fotografía, con lentes, entre os alumnos da Academia Poza de Pontevedra.

Foto de Pintos, cortesía do Museo de Pontevedra.