Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Catedral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Catedral. Amosar todas as publicacións

02 decembro 2025

Xornada histórica:

 Xornada histórica: As estatuas do Pórtico da Gloria espoliadas por Franco volven a Compostela. Serán expostas no Museo do Pobo Galego.

As esculturas de Abraham e Isaac ou de Xeremías e Ezequiel atribuídas ao Mestre Mateo que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral de Compostela e estaban en mans da familia de Francisco Franco desde 1954 volveron esta segunda feira á capital da Galiza.

As imaxes atribuídas ao Mestre Mateo non son os únicos bens procedentes do espolio que posuían a familia do ditador na Galiza. Un exemplo paradigmático deste patrimonio é o Pazo de Meirás, cuxa propiedade litigan os Franco no Tribunal Supremo e onde se atopan outros bens de orixe dubidosa como as pías bautismais románicas do mosteiro de Moraime en Muxía, na Costa da Morte. Unha orixe semellante ten a coruñesa Casa de Cornide, un edificio do século XVIIII, cuxa titularidade desfrutan os descendentes do ditador.