Amosando publicacións coa etiqueta Capote. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Capote. Amosar todas as publicacións

08 decembro 2018

De casas e tobos


 Truman Capote [El invitado del Día de Acción de Gracias] indica que hai dúas cousas fundamentais que debe ter toda casa.

Algo bonito: "Pode chegar o día en que todo o que poidamos ofrecer sexa auga do pozo, pero polo menos poderemos servila nun mantel de auténtico liño".

Que a casa teña recantos: "Un lugar ao que acudía cando me sentía triste ou inexplicablemente entusiasmado ou cando quería pensar nas miñas cousas" [isto aparece no relato A illa de Buddy].

Bruce Chatwin pola súa parte falou da claustrofobia daqueloutros que nunca deixan a casa na que naceron e "viven unha relación circular na que non pode suceder nada".

Anatxu Zabalbeascoa: La tercera cosa, una salida (EP Icon, 8.12.2018)