08 maio 2023

Vicetto e o reino suevo

 "Dominaron os fillos do mar en Galicia desde o ano 409 ata o 586. Durante esa época, vinteseis reis subiron ao cumio do Pico Sacro". Benitto Vicetto foi o autor do primeiro gran libro sobre o reino suevo en 1860.

Unha especie de Señor dos Aneis adiantado ao seu tempo. Vicetto imaxinou o Pico Sacro como o lugar de coroación dos reis suevos, establecido desde o rei Hermerico. Os reis debían ser investidos no alto dunha gran e brillante pedra de cristal de rocha, localizada onde hoxe está a capela de San Sebastián.
Escenario épico para un país.
Vicetto dicía que o monte fora escollido porque aos seus pés se librara a última batalla entre os romanos e os suevos, no que estes se fixeron co dominio de Galicia.
Na tradición oral da zona había memorias dunha gran batalla que podían ter un bo fundamento histórico.
No ano 1121 alí librouse unha batalla entre a raíña Urraca, encastelada no monte, e o seu fillo, Afonso, o rei coroado na catedral de Santiago dez anos antes. Todo o episodio ten unhas connotacións que merecen un fío aparte. Pode ser que as memorias lembraran aquel momento épico.
Pero había outro detalle máis.
Nada menor.
Os suevos na altura non eran católicos, certo. Pero nesa idea de Vicetto de crear un 'lugar de memoria', fundacional, para o reino de Galicia no Pico Sacro subxacía algo interesante:
O reino non nacía nunha catedral. Nin da Igrexa.
Vicetto, recoñecido progresista, estaba constituíndo o momento do nacemento da nación nun lugar que era o alter ego, o espello pagán da catedral de Santiago (aínda que houbera unha capela alí). Un lugar de poder anterior á propia Igrexa.
A partir do ronsel de Vicetto, uns cantos autores imaxinaron escenarios e rituais da fundación do reino. A gran diferencia con Vicetto foi o enfoque. Vicetto pensouno en clave galega. Os seguintes aproveitaron ese imaxinario nacente para prestixiar o pasado das súas vilas.

El regalo envenenado de tus monstruos 🖤

06 maio 2023

Coroación

 “Yo, Carlos, profeso y declaro solemne y sinceramente en presencia de Dios que soy un fiel protestante y que, de acuerdo con las leyes que asegura una sucesión protestante al trono, defenderé y mantendré esas leyes”, afirmaba el rey con la mano en la Biblia.

03 maio 2023

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

 XORNADA I


Unha sala no castelo de Elsinor. Paredes núas, afumadas. Onde non, pousa o mofo verde que brilla en esmeralda ou ouro vello cando roza a raiola do sol ou a luz das lámpadas. Á dereira unha grande escaleira de pedra que sobe á Torre dos Esperteiros. Á esquerda, unha cheminé; no fogar arde un lume canso. Altas bóvedas e podentes trabes de carballo. Unha única fiestra ao fondo, aberta sobre a néboa da mañá. Aquí e acolá, nas paredes, fiteiras e seteiras. A sala é terrea. Non se escoitan os pasos da xente. O coro baixa amodo pola escaleira. Un fato de xentes escuras, sen idade nin sexo, que vesten roupas pardas ou da cor do fume e do mofo, que arrimadas ás paredes, confúndense con elas. A parte do coro vana declamando como por quenda, as xentes estas, adiantándose do mesto grupo para dicila, e volvendo presto ao anónimo. Voces, as do coro, súbitas unhas, apaixonadas outras, outras graves e reflexivas.

ESCENA I
O Coro
Deténdose na metade da escaleira, apoiando as mans na baranda.
Benvidos a Elsinor, señores! Aquí en Elsinor todo temos pechado por mor do vento. Non hai no mundo lugar máis ventado que Elsinor. Todo ten que estar dentro: a xente, o gado, o xardín. E é por culpa do vento irado. A ninguén lle prace saír de Elsinor con tanto vento fóra, semellante a un grande exército ouveador que cercase Elsinor por toda unha longa noite. Por eso os de Elsinor somos xente de pálida pel. Quen sae ao campo en Elsinor?

Alquimia

Cunco xaponés (restaurado)

02 maio 2023

Méndez Ferrín: Señoras do pasado

 Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut

                                                Georges Brassens

E quíxenvos moi tristemente a todas
as que forades rapidamente eu (un pouco).
Unha luz nos lugares do estremecemento
e tardes coma rodas de bronce, interminábeis.
Poderosas mañás de rexurdimento e ollos no chan, de amor obtido.
E quíxenvos moi escasamente a todas
porque nas regandixas de eu caben ourizos e sufrir é amor
e nada para o tempo que destrúe os ourizos.
E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,
limítrofes do amor, esquencidas para sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
entre tanto artefacto, construción, mala pedra,
que nos ten envisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esvaran.
Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados
no baleiro e no fume, e reclamo ese espacio
que deixáchedes e que cecais é globo (de lume e desespero).


Señoras do pasado, damas investigadas a través dos ensoños
sobre cabalos nidios, inmóbiles no outono de antano,
sen bris mesmo,
merci por un crepúsculo, ou acaso algún beixo,
ou polos poderosos erguementos do sangue,
ou por sorrisos líquidos a carón da magnolia.

Quíxenvos lenemente, e mesmamente fúchedes
capaces da captura dun anaco de sombra de min,
e fiquei menos.

Inútil esta ollada por derriba do tempo que me outorga silencio,
escamas, arruínas, borralla, meus ronseis.
Quíxenvos fuxidío, oh amigas de antonte,
meu espantoso espello neste solpor que vence.


Con pólvora e magnolias

01 maio 2023

Carboeiro

Curros Enríquez: O maio

Aí vén o maio
de flores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o pobre
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! 

Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non me quiten
trabucos e préstamos,
e como os do abade
florezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? 


Cantádeme un maio
sen bruxas nin demos;
un maio sen segas,
usuras nin preitos,
sen quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

29 abril 2023

 

A visitadora de prisións

Dá en matinar que visitadora é o contrario de  visitante. A visitante pasa brevemente por un lugar, pousa nel a ollada e desaparece logo. A condición de visitante é fuxidía. A súa visita en nada muda o visitado. No entanto, a visitadora esculca no máis fondo por baixo das aparencias. A visitadora pretende mudar o visitado, as eivas do que visita dóenlle como propias. Pois a visitadora, vendo o que para outros é invisible, ten a condición de vedora. Os que están sempre atentos ás palabras dirían, pensa, que esta de vedora non existe. Será porque no tempo pasado os vedores eran unicamente homes, como ocorre con tantas profesións ou encomendas, debido á postergación das mulleres. Os vedores inspeccionaban  e, ocupados en comprobar a aplicación dos regulamentos, está inclinada a crer que non vían o estado das cousas mesmo téndoas diante. Mais ela, se é Visitadora, verá. Talvez chegue mesmo a vedoira.

Marilar Aleixandre: As malas mulleres (p.21)

28 abril 2023

Yves Klein, 1959

Interior

 

Juan José Millás: Canibalismo

 La costumbre de comerse el pollo que se había criado en casa era entonces bastante común. El pollo amigo, diríamos, el pollo loco que corría por el pasillo de la vivienda batiendo las alas y estirando el cuello de dinosaurio detrás o delante de los críos. Un día desaparecía y al siguiente comíamos una carne de cuya procedencia no se hablaba. Si preguntábamos, los mayores decían que el pollo se había escapado por la ventana o que se lo habían llevado a una granja donde sería más feliz que en un piso. Nos tragábamos la mentira mientras masticábamos aquella carne amarga sabiendo y sin saber al mismo tiempo de quién era. En otras palabras: nos comíamos y no nos comíamos a la vez las alitas y la pechuga y los muslos de la mascota. Dura experiencia. Aún ahora no puedo comer carne sin pensar en el pollo. Llevo comiéndomelo toda la vida en un acto de crueldad moderado que me produce algo de culpa.

Me contó una amiga que un miércoles, al volver del colegio, su hermano mayor había desaparecido. Sus padres le dijeron que se había ido al servicio militar. Lo malo es que al día siguiente comieron un estofado de carne que a ella le supo a Ricardo, que así se llamaba el supuesto recluta. Pasaron los meses y Ricardo volvió, pero según mi amiga era otro, porque estaba segura de que al primero se lo habían zampado.

—La copia —añadió— era buena, aunque no tanto como para que yo no advirtiera multitud de diferencias sutiles en su físico y en su comportamiento.

Mi amiga se fue distanciando de aquel hermano y hoy no se ven ni en Navidad.

Me viene esto a la memoria al darme cuenta de las mentiras familiares que nos tragamos a diario: mentiras políticas y mentiras económicas y mentiras sociales que saben a viejo guiso doméstico. No digo que estén mal cocinadas, pero dejan en el paladar un gusto como de festín caníbal.

Juan José Millás: Canibalismo (EP, 28.04.2023)

26 abril 2023

Descuberta no Cairo unha estatua de oito metros, tavez de Ramsés II


Discurso das mil primaveras (24.04.1980)

 "Louvado sexa Deus tamén por terme dado o don da fala nosa, por terme ensinado a dicir ‘rula’ e ‘abidueira’ e ‘dorna’ e ‘ponte’ e ‘fonte’, e entón eu, sabendo estas palabras, era verdadeiramente dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte. [...]

Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: “Aquí xace alguén, que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.

22 abril 2023

春光乍洩 Happy Together (1997) dir. Wong Kar Wai

George Daniell: Hudson River, 1934



Agora que regresa a primavera
por riba de Seivane nas terras de Abadín
e vai deixando sámago nos bimbios.
Agora que retornan as floracións antigas
e unha bris delicada fragmento de escritura
vai liberando a alma.
Agora me decato da presenza do amigo
cando as aves concertan o equinoccio celeste
e os bois en Lamanide
levan na cornamenta unha roda solar.
Atrás quedou a aldea
a páxina purísima escrita en neve
o principio da patria
a pureza inocente que respiran os nenos
e dá tempero á alma.
Luz Pozo Garza

20 abril 2023

Poema de Álvaro de Campos

 ANIVERSÁRIO

No tempo em que festejavam o dia dos meus anos,

Eu era feliz e ninguém estava morto.

Na casa antiga, até eu fazer anos era uma tradição de há séculos,

E a alegria de todos, e a minha, estava certa com uma religião qualquer.

No tempo em que festejavam o dia dos meus anos,

Eu tinha a grande saúde de não perceber coisa nenhuma,

De ser inteligente para entre a família,

E de não ter as esperanças que os outros tinham por mim.

Quando vim a ter esperanças, já não sabia ter esperanças.

Quando vim a olhar para a vida, perdera o sentido da vida.

Sim, o que fui de suposto a mim mesmo,

O que fui de coração e parentesco,

O que fui de serões de meia-província,

O que fui de amarem-me e eu ser menino.

O que fui — ai, meu Deus!, o que só hoje sei que fui...

A que distância!...

(Nem o acho...)

O tempo em que festejavam o dia dos meus anos!

O que eu sou hoje é como a humidade no corredor do fim da casa,

Pondo grelado nas paredes...

O que eu sou hoje (e a casa dos que me amaram treme através das minhas lágrimas),

O que eu sou hoje é terem vendido a casa.

É terem morrido todos,

É estar eu sobrevivente a mim-mesmo como um fósforo frio...

No tempo em que festejavam o dia dos meus anos...

Que meu amor, como uma pessoa, esse tempo!

Desejo físico da alma de se encontrar ali outra vez,

Por uma viagem metafísica e carnal,

Com uma dualidade de eu para mim...

Comer o passado como pão de fome, sem tempo de manteiga nos dentes!

Vejo tudo outra vez com uma nitidez que me cega para o que há aqui...

A mesa posta com mais lugares, com melhores desenhos na loiça, com mais copos,

O aparador com muitas coisas — doces, frutas, o resto na sombra debaixo do alçado —,

As tias velhas, os primos diferentes, e tudo era por minha causa,

No tempo em que festejavam o dia dos meus anos...

Pára, meu coração!

Não penses! Deixa o pensar na cabeça!

Ó meu Deus, meu Deus, meu Deus!

Hoje já não faço anos.

Duro.

Somam-se-me dias.

Serei velho quando o for.

Mais nada.

Raiva de não ter trazido o passado roubado na algibeira!...

O tempo em que festejavam o dia dos meus anos!...

Poema de Sophia de Mello Breyner Andresen

Se todo o ser ao vento abandonamos


Se todo o ser ao vento abandonamos
E sem medo nem dó nos destruímos,
Se morremos em tudo o que sentimos
E podemos cantar, é porque estamos
Nus, em sangue, embalando a própria dor
Em frente às madrugadas do amor.
Quando a manhã brilhar refloriremos
E a alma beberá esse esplendor
Prometido nas formas que perdemos. 

19 abril 2023

Marvin Koner: Liz Taylor con vestido negro, broche de prata e pendentes-lágrima de ouro (1960)



Poema de Karmelo C. Iribarren

En pleno casco viejo de Donostia, medio escondido en una esquina oscura, hay un bar. Un bar pequeño, como tantos, a primera vista sin nada especial. Pero ese bar, llamado Akerbeltz, tiene una peculiaridad. Allí, en la esquina derecha de la barra, sentado en una banqueta, un chaval que trabajaba como camarero del local estuvo durante 20 años, entre copas y borracheras, escribiendo poemas. Poemas cañeros, ácidos, desencantados, tiernos, cotidianos, auténticos y por lo general tan convulsos como lo era por aquellos años su propia vida.

El poeta en cuestión tiene 56 años, se llama Karmelo C. Iribarren, es de San Sebastián, ha logrado vivir para contarlo (no las tenía todas consigo) y gracias en parte a las redes sociales se ha convertido en un autor de culto.

Esta es su historia. La historia de su vida extrema, tan extrema como su poesía, en la que apenas hay ficción y donde la realidad más descarnada siempre logra abrirse paso. «Y eso que algunos de mis poemas están suavizados en comparación con lo que me ocurría en realidad», asegura Iribarren con su sonrisa burlona mientras lleva a cabo el rito de muchas mañanas: sentarse ante una mesa del Hotel Londres, frente a la Playa de la Concha, mirar la lluvia (o no: Qué hago / mirando la lluvia, / si no llueve, como reza su poema Domingo, Tarde) y observar a quienes tiene a su alrededor mientras le da vueltas a su café. Hace ya 20 años que dejó el alcohol. «Un día me levanté y dije: se acabó. Y hasta ahora», sentencia.

Tomó la decisión después de que un hermano suyo muriera de cáncer con 33 años. «Pero, sobre todo, me cansé de beber, de ir todos los días a trabajar con resaca. Sabía que si seguía así acabaría matándome». Pero también admite que si Ana, su mujer, no le hubiera dado un ultimátum probablemente no lo habría dejado. «La conocí en el 81, nos casamos en el 87 y en el 99 nació nuestra hija. Se chupó los peores años».

17 abril 2023

Scottish otter

 

Entrevista a Ferrín en Praza Pública

 ENTREVISTA | Xosé Luís Méndez Ferrín: "Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas"